Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO (1041).

O Pleno Municipal na súa sesión celebrada o día 30 de maio de 2000 acordou:

Aprobar con carácter definitivo unha modificación da normativa do PXOU relativa á altura máxima das

edificacións en función do número de plantas contida no documento redactado polo arquitecto municipal que ten por obxecto a súa acomodación ás necesidades constructivas actuais e sen que iso supoña incremento do aproveitamento, afectando esta modificación ós puntos: 6.2.21.2, 10.4.7 e 10.5.5.

O presente acordo esgota a vía administrativa e poderá ser impugnado directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa publicación.

Culleredo, 6 de xuño de 2000.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo