1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: Promoción Económica e Emprego.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización dun estudio sobre desenvolvemento económico e emprego no concello de Ferrol.
b) Prazo de execución: tres meses.
3. Financiamento do contrato.
O presente contrato financiarase con cargo á partida 26000-3260-227.06 do orzamento xeral en vigor do Concello de Ferrol.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación do expediente: trámite normal.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
5. Orzamento base de licitación.
Sinálase como tipo de licitación: 3.000.000 de pesetas, incluído o IVE.
6. Garantías.
Provisional: 60.000 pesetas.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Ferrol.
b) Dependencia: Servicios.
c) Domicilio: praza de Armas, s/n.
d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.
e) Teléfono: 981 33 67 05.
f) Fax: 981 33 67 47.
g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de remate de presentación de ofertas.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o día no que apareza publicado o anuncio de licitación no DOG. (Se o último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil).
b) Documentación que hai que presentar: as indicadas na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.
1ª Entidade: Concello de Ferrol.
2ª Domicilio: praza de Armas, s/n.
3ª Localidade e código postal: Ferrol-15402.
4º Teléfono: 981 33 67 03.
5º Fax: 981 35 41 22.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Ferrol.
b) Domicilio: praza de Armas, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: o día que oportunamente se sinale ós licitadores.
e) Hora: a que oportunamente se sinale ós licitadores.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Ferrol, 7 de xullo de 2000.
Xaime Bello costa
Alcalde

