Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000 pola que se nomea a Ana María Rodríguez González funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo.

Mediante Resolución do 1 de agosto de 1997 (DOG do 1 de setembro) convocáronse probas selectivas para o acceso á escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo, sendo nomeados funcionarios de carreira os aspirantes aprobados mediante Resolución do 15 de febreiro de 1999.

Interposto recurso contencioso-administrativo por Ana María Rodríguez González e rematado o procedemento mediante acordo de terminación convencional entre a interesada e esta universidade, asinado o 13 de xuño de 2000 e declarado rematado o procedemento (auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 4 de xullo de 2000).

Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, consonte o disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos da Universidade de Vigo.

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear a Ana María Rodríguez González, con documento nacional de identidade número 34.958.952, funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo.

Segundo.-Este nomeamento producirá efectos plenos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Retrotrae-los efectos administrativos deste nomeamento ó 25 de febreiro de 1999.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de súa publicación, de conformidade co disposto na

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de xullo de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo