Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da asistencia para a realización dunha campaña institucional en prensa e radio con motivo do Día de Galicia.

En virtude do Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créase a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. O Decreto 13/1999, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral. De acordo co artigo 72.4º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia ad sensum do artigo 13 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a Orde do 22 de febreiro de 1999 sobre delegación de atribucións no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Por Resolución do 18 de maio de 2000, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, foi convocada a contratación polo sistema de concurso público aberto, da asistencia para a realización dunha campaña institucional en prensa e radio, con motivo do Día de Galicia.

De conformidade cos artigos 82 e 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e os números 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois

de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 74, 75, e 209 da Lei 13/1995, do 18 de maio, e os números 7 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato, esta secretaría xeral resolveu adxudica-la citada contratación á empresa B.A.P. Conde, S.A. por un importe, IVE incluído de 5.995.000 pesetas (36.030,68 euros).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 y 177 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte da notificación ou da publicación do acto, que pon fín a vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións

cos Medios Informativos