O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle referido á zona E.N.4.1 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria do campus universitario das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (expediente 5683/411), presentado pola empresa Siresa Noroeste, S.A., e redactado polo arquitecto Alfonso Penela Fernández, con visado do COAG do 21 de marzo de 2000.
Segundo.-Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e á súa notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.
Contra a devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Asemade, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propieterios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.
Vigo, 24 de xullo de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente

