Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do cinto perimetral norte do campus universitario de Vigo (expediente 4203/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do 6 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para a execución do cinto perimetral

norte do campus universitario de Vigo, (expediente 4203/401), presentado pola Universidade de Vigo.

Segundo.-Solicitarlle á Universidade de Vigo que, con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto, xustifique a autorización da Administración autonómica, no correspondente procedemento de avaliación ambiental, ó que, quede sometido o proxecto, así como a previsión das medidas e actuacións precisas para garanti-la seguridade e operatividade dos depósitos de augas próximos que abastecen a universidade, dos tubos de gas que discorren próximos ó cinto, e a reposición do poste do camiño de acceso ó parque forestal de Beade.

Terceiro.-Somete-lo acordo de aprobación inicial ó trámite de información pública durante un mes, mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior tiraxe na provincia, con notificación individual a tódolos propietarios afectados.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes, contado desde o día seguinte da derradeira publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 26 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo