1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Vilaboa.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría.
b) Obxecto: redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vilaboa.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 14.474.295 ptas.
5. Garantías.
a) Provisional: 289.486 ptas.
b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Vilaboa.
b) Domicilio: Toural, 1.
c) Localidad e código postal: Vilaboa, 36141.
d) Teléfono: 986 70 82 15.
e) Telefax: 986 70 83 87.
f) Data límite de obtención de documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG (última publicación).
b) Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a venres de 9 a 14.30 horas, de luns a sábado, de 9 a 13.30 hora, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.
Tamén poderán presentarse proposicións por correo. Neste caso, o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos, e anuncia-lo mesmo día ó órgano de contratación, por fax ou telegrama, a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso de ser recibida fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.
c) Documentación que se presentará: a esixida no prego de condicións.
8. Modelo de proposición.
Axustarase ó que figura no prego de condicións.
9. Apertura de ofertas.
Entidade: Concello de Vilaboa.
Secretaría xeral domicilio: Toural nº 1.
Localidade: 36141 Vilaboa.
Data: ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte (non sábado) ó de remate do prazo para a presentación das ofertas.
10. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
11. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas durante o prazo de oito días hábiles desde a publicaión do presente anuncio, para que os interesados poidan examinalo e, presentar reclamacións perante o mesmo.
En ámbolos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará pendente ata que as mesmas fosen resoltas.
Vilaboa, 24 de xullo de 2000.
O alcalde
Rubricado

