Resolución do día de hoxe polo que se anuncia o concurso que se cita. Publicado no BOP de Lugo, número 172, do 8 de xullo de 2000, o anuncio de licitación para a contratación dos servicios educativos no conservatorio profesional de música de graos elemental e medio do Concello de Vilalba (Lugo), exponse ó púlico na secretaría do concello o prego de condicións administrativas particulares e de prescricións técnicas, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no DOG, durante os cales se poderán presentar reclamacións a este; anúnciase ó mesmo tempo o concurso, se ben este poderá quedar aprazado no suposto de que se presentasen reclamacións ó prego, ata que se resolvan.
O custo deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Vilalba, 28 de xullo de 2000.
Agustín Vaamonde Díaz
Alcalde

