Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.792

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a prestación do servicio de marketing telefónico.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a prestación do

servicio de marketing telefónico.

O cadro de características no que figuran as condicións está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia avda. Monte da Condesa s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: Tmarket 2000. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do 15 de setembro de 2000.

A apertura das proposicións económicas comunicarase oportunamente.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico la Fundación Centro

de Transfusión de Galicia

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS

E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

(BIC GALICIA)