Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.792

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CEWTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (BIC GALICIA)

ANUNCIO público de convocatoria de praza.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, convócase un proceso

de selección de persoal para cubrir, baixo a modalidade de contratación laboral ordinaria por tempo indefinido, de acordo coa lexislación vixente, unha praza de técnico/a de desenvolvemento. O lugar de traballo será Santiago de Compostela, con posibilidade de desprazamentos a outros puntos da xeografía galega.

I. Titulación e requisitos.

Os/as aspirantes que desexen participar no proceso selectivo deberán reuni-lo seguinte perfil: licenciado/a en ciencias económicas; experiencia investigadora; nivel alto de inglés e francés; formación específica sobres aspectos como: creación de empresas, sistema fiscal español, comercio exterior e finanzas internacionais; medios de pagamento internacionais, mercados de divisas e sistemas de cobertura de riscos financeiros; xestión da información e técnicas de análise económica; informática a nivel usuario (Word, Excel, Accesess e Internet); experiencia profesional mínima de dous anos, valorándose experiencia sobre os temas anteriores; experiencia en impartición de cursos, seminarios, conferencias, etc. sobre emprendedores; valorarase a posesión doutros títulos de posgrado; menos de 30 anos; carné de conducir.

II. Documentación necesaria, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Os/As candidatos/as enviarán por correo fotocopia DNI, corrículum vitae, e fotocopia da documentación que acredite a titulación requirida e unha solicitude dirixida ó presidente e director xeral de Bic Galicia ó enderezo da empresa, Barrio de San Lázaro, s/n, edificio administrativo Igape, 3º, apartado de correros nº 2174, 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 68 23. Fax: 981 54 68 32. Prazo de presentación de solicitudes: 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

III. Proceso de selección.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, unha comisión de selección designada para a tal efecto realizará unha avaliación obxectiva dos méritos dos/as condidatos/as. Aqueles/as candidatos/as que non superen un 50% do valor máximo alcanzable por méritos, quedarán excluídos do proceso de selección, que rematará cunha entrevista persoal ós/ás candidatos/as que superen a fase de avaliación de méritos, para o que lles será notificado o lugar e a data por teléfono ou por correo. Asemade seralles comunicado por teléfono ou por correo ós/ás candidatos/as as puntuacións obtidas de méritos e, se é o caso, trala entrevista persoal.

Vigo, 1 de agosto de 2000.

Santiago González-Babé Ozores

Presidente e director xeral