Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Burgas Distribución, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Burgas Distribución, S.A. de Ourense (código convenio nº 3200052), con entrada nesta delegación provincial o día 14-6-2000, subscrito pola parte económica, pola empresa, e, pola parte social, polo delegado de persoal, todas con lexitimidade sufiente para asinalo, o día 19-5-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre resxitro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de xuño de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa

Burgas Distribución, S.A., 1999.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Burgas Distribución, S.A. e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal relacionado coa actividade de distribución de gas butano e propano, agás o que exerza funcións de

alta dirección ou alto consello e exclúense expresamente as persoas sen contrato laboral que exercen funcións de distribución con carácter de autónomos.

Artigo 3º.-Vixencia, duración, prórroga e denuncia.

O presente convenio entra en vigor o día 1 de xullo de 1999, sexa cal for a data da súa publicación no BOP e no DOG, e a súa duración é de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2000.

Este convenio prorrogarase de ano en ano se non é denunciado con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia.

A denuncia do presente convenio realizarase de acordo co que está establecido no capítulo 3 da Lei 11/1994, do Estatuto dos traballadores, desenvolvido mediante Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e demais disposicións de xeral aplicación.

A táboa salarial anexa establécese con vixencia do 1 de xullo de 1999, e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1999, cun incremento do 2,5% ata o 31 de decembro de 1999.

O incremento salarial para o segundo ano con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 será do 2,5% e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores, pactadas a título persoal ou calquera outra mellora como: premio de cobranza por botella ou revisión, ou calquera outra mellora que teña establecida na empresa, serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, agás que expresamente se pacte o contrario. Todo iso conforme co disposto na orde ministerial do 22 de novembro de 1973, no seu artigo 10.2º, que desenvolve o Decreto 2300/1973, sobre ordenación do salario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo, para todo o persoal, de 40 horas semanais. Entre a empresa e a representación dos traballadores, poderá pactarse unha distribución irregular da xornada sen exceder das horas fixadas neste convenio, sempre e cando se dean circunstancias de climatoloxía, temporada e/ou producción.

Artigo 7º.-Vacacións.

Establécese un período mínimo de vacacións de 30 días naturais. Incluirase no salario correspondente a vacacións o complemento de transporte estipulado no presente convenio.

Artigo 8º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de: salario base e complementos salariais (complemento de transporte), segundo se recolle nos anexos I e II.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade estará composto por cuadrienios na contía do 4% (catro por cento) do salario base.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte pagadoiro mensualmente e na contía indicada nas táboas salariais anexas. A este complemento aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións en caso de faltas de asistencia ou puntualidade.

1. Por cada (2) dúas faltas de puntualidade inxustificada perderase a parte correspondente ó complemento de tre (3) días.

2. Por cada (4) catro faltas de puntualidade inxustificadas perderase o complemento correspondente a (7) sete días.

3. Por cada (5) cinco faltas de puntualidade inxustificadas perderase o total do complemento mensual.

Cada (2) dúas faltas de puntualidade considerase unha de asistencia, tendo en conta que para efectos de penalización deste complemento, se considerará como falta de asistencia a puntualidade superior a media hora.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirá en tres mensualidades compostas por; salario base, complemento de transporte máis antigüidade, pagadoiras unha en xullo, unha en decembro e outra no período comprendido entre xaneiro e marzo de cada ano, polos anos vencidos e como participación en beneficios.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

As horas extras pagaranse incrementadas nun 75% (setenta e cinco por cento) sobre o salario que corresponde a cada hora ordinaria, agás as realizadas en días festivos e domingos en que o incremento será do 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará os traballadores de roupa de traballo adecuada ó tipo de labor e á época do ano.

Artigo 14.-Excedencias.

O traballador con polo menos unha antigüidade dun ano na empresa terá dereito a que lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo maior de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

o traballador declarado en situación de excedencia conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa.

Artigo 15º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez prosional terá dereito á reincorporación ó traballo en canto cese a devandita situación. O prazo de reincorporación ó traballo será do dous meses a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Artigo 16º.-Incapacidade transitoria.

En caso de accidente laboral e hospitalización, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que con cargo á Seguridade Social percibe o traballador, por prestación económica de IT, alcance o 100% do salario establecido no presente convenio, ata que se produza a súa reincorporación ó traballo.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte: botellas de 12,5 kg: 75 botellas/día; botellas de 35 kg: 40 botellas/día, para un equipo de dous.

Para efectos de revisións establécese como rendemento normal o de 20 revisións por día.

Os ditos rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto a climatoloxía, estado de vehículos e tempada, ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda.-Para efectos económicos o presente convenio entra en vigor o 1 de xaneiro de 1999, co que aqueles se retrotraerán á dita data.

Terceira.-O presente convenio é asinado polo representante legal dos traballadores e a dirección da empresa, de conformidade coa lexitimación prevista na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Este convenio mantén a súa vixencia na súa totalidade, ata que se negocie outro que o substitúa.

ANEXO I

Táboa salarial para 1999 (2,5% incremento)

CategoríaSalario baseComplemento

transporte

Encargado xeral97.2508.584

Xefe de contabilidade93.2738.584

Encargado de almacén91.0438.584

Xefe de negociado91.0438.584

Oficial de 1ª91.0438.584

Oficial de 2ª89.0398.584

Oficial mecánico92.8848.584

Cobrador81.3548.584

Conductor de remolque93.2738.584

Conductor camión pesado93.2738.584

Conductor camión reparto92.8848.584

Mecánico instalador90.4828.584

Mecánico visitador91.0438.584

Conductor de carreta91.0438.584

Mozo de reparto83.2808.584

Mozo de almacén83.2808.584

Garda80.5658.584

Aprendiz75.1358.584

CategoríaSalario baseComplemento

transporte

Xefe administrativo91.0438.584

Oficial administrativo87.1308.584

Auxiliar administrativo83.2808.584

Telefonista de pedidos83.2808.584

ANEXO II

Táboa salarial para 2000 (2,5% incremento)

CategoríaSalario baseComplemento

transporte

Encargado xeral99.6818.799

Xefe de contabilidade95.0658.799

Encargado de almacén93.3198.799

Xefe de negociado93.3198.799

Oficial de 1ª93.3198.799

Oficial de 2ª912658.799

Oficial mecánico95.2068.799

Cobrador83.3888.799

Conductor de remolque95.6058.799

Conductor camión pesado95.6058.799

Conductor camión reparto95.2068.799

Mecánico instalador92.7448.799

Mecánico visitador93.3198.799

Conductor de carreta93.3198.799

Mozo de reparto85.3628.799

Mozo de almacén85.3628.799

Garda82.5798.799

Aprendiz77.0138.799

Xefe administrativo93.3198.799

Oficial administrativo89.3088.799

Auxiliar administrativo85.3628.799

Telefonista de pedidos85.3628.799