Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), de conformidade co punto terceiro da Resolución do 16 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 29 de maio) e coa Resolución do 20 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 28 de xuño), listas A1 e A2.

Publicadas as resolucións do 16 de maio e do 20 de xuño de 2000 (DOG nº 103 e 125, do 29 de

maio e 28 de xuño) relativas á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), e unha vez rematados os prazos previstos nas citadas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), listas A1 e A2, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos das listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas con base na convocatoria do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 28, do 11 de febreiro) correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), e derivadas do proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998), de conformidade co artigo 3 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública