Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno deste concello mediante acordo do 27-7-2000 acordou a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, así como consonte co disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG) sometelo a información pública durante o prazo do mes seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que os interesados o examinen e formulen as alegacións en relacións coas previsións que contén, para o que teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais en horario normal de oficina.

A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34 da LSG, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos seguintes termos:

Suspensión do outorgamento de licencias.

1. Ámbito: queda suspendida a concesión de licencias para obras incluídas nos seguintes supostos:

Solicitude de licencias para a construcción da pendellos en solo rústico e solo de núcleo rural.

Solicitude de licencias en terreo de solo urbano consolidado, cando a vía á que os ditos terreos dean fronte careza de encintado de beirarrúas.

Solicitude de licencias para construccións de masardas e bufardas no tellado, así como para proxectos de edificación que prevexan as ditas construccións por enriba da altura reguladora máxima.

Solicitude de licencias de obra (ou de apertura previa ou simultánea á licencia de obras) para adaptación de locais en edificios fóra de ordenación, cando as ditas obras non estean permitidas na reducción orixinal do PXOM (artigos 49 e 50).

Solicitude de licencias de edificación en supostos en que se xustifique a imposibilidade de dotar ó futuro edificio dunha praza de garaxe por vivenda, construídas no mesmo soar.

Solicitude de licencias para locais comerciais (de obra ou de apertura) nos caso en que a baixa ocupación de persoas no local permita reduci-lo número de servicios sanitarios esixidos no plano, sempre e cando o proxecto no recolla os actualmente esixidos.

Solicitude de licencias de edificación cuarteiróns abertos en solo rubano consolidado lindantes con solo urbano non consolidado incluído en áreas de reparto.

Solicitude de licencia de edificación en cuarteiróns pechados de solo urbano consolidado, cando o fondo de edificación proxectado non coincida coa aliñación interior definida nos plano de ordenación.

Solicitude de licencias para construcción de edificacións pareadas no ámbito da ordenanza 2ª de solo de núcleo rural.

Solicitude de licencias de peche e edificación en parcelas situadas fronte a viais de titularidade municipal nas categorías 2 a 6.

Solicitude de licencias para construcción e apertura de edificacións ou instalacións destinadas a uso recreativo, categoría 4ª, ou uso hoteleiro, categoría 1ª, en solo de núcleo rural.

Solicitude de licencias urbanísticas no ámbito reflectido no plano D 1-09-3 do núcleo rural de Vilela, na parte delimitada para vivendas de promoción pública.

Solicitude de liencias para cerramentos en parcelas nos ámbitos das ordenanzas 3ª e 4ª de solo urbano, 1ª e 2ª do solo de núcleo rural e no solo rústico, cando o peche proxectado sexa un peche opaco de máis dun maestro de altura.

2. Prazo: un ano contado desde que se publique no DOG o anuncio a que se refire o artigo 34.1º da LSG, quedando extinguida a suspensión coa aprobación definitiva do PXOM.

3. Efectos: expedientes sen resolver na data do acordo de suspensión e posteriores que se promovan.

O que se fai público para xeral coñecmento en cumprimento da normativa citada.

Verín, 28 de xullo de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde