Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 1 de agosto de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de edificio de usos múltiples do Concello de Vilamarín terminación (obras nº 44, POL 2000), sanemaento en Cazarrande (obra nº 79, Plan base 2000) e saneamento en Pica (obra nº 69, POL 2000) os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contado a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite urxente, se ben, as licitacións se aprazarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita el expediente: secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición.

a) A execución da obra edificio de usos múltiples do Concello de Vilamarín, terminación, obra nº 44 POL 2000, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas José A. Rodríguez Rodríguez. Prazo de execución 3 meses.

b) A execución da obra saneamento en Cazarrande, obra nº 79 Plan base 2000, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Pablo González Rodríguez. Prazo de execución 3 meses.

c) A execución da obra saneamento en Pica, obra nº 69 POL 2000, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas José A. Rodríguez Rodríguez. Prazo de execución 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Obra de edificio de usos múltiples do Concello de Vilamarín, terminación, orzamento de execución

por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 10.000.000 pesetas.

b) Obra de saneamento en Cazarrande, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 6.156.000 pesetas.

c) Obra de saneamento en Pica, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende a cantidade de 10.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, código postal 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º de cada prego.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Mar, rúa Sagasta, 6

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Colón, rúa Colón, 22.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: obra de edificio de usos múltiples do Concello de Vilamarín, terminación as doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados). Obra de saneamento en Cazarrande ás trece horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados). Obra de saneamento en Pica ás catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

Vilamarín, 2 de agosto de 2000.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde