Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

En cumprimento do establecido polo artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e para os efectos da súa entrada en vigor, faise público, para xeral coñecemento, que o Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 27 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 7 das normas subsidiarias municipais de planeamento, que consiste nunha simple corrección gráfica no trazado dunha vía no lugar de Lera, parroquia de Caleiro.

Vilanova de Arousa, 12 de xullo de 2000.

Julio Varela Núñez

Alcalde en funcións