Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.929

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2000, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 13 de xullo de 2000, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2000.

Advertido error material na devandita resolución publicada no DOG número 151 do 4 de agosto, é necesario face-la seguinte corrección:

-Na páxina 11.653, 1) Axudas á xubilación. Beneficiarios, parágrafo segundo, onde di: «... orde autonómica do 28 de febreiro xa que son incompatibles con este fondo social», debe dicir: «... orde autonómica do 28 de febreiro de 2000 xa que son incompatibles con este fondo social».