Anuncio de contratación, por concurso por procedemento aberto por tramitación urxente, da execución das obras relacionadas no anexo.
Obxecto: as obras que se relacionan no anexo.
Importe: o orzamento das obras sinálase sinala no anexo adxunto. IVE incluído.
Prazo de execución: o sinalado no prego de cláusulas administrativas, cláusula 6ª.
Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).
b) Teléfono: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.
c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.
Presentación de ofertas: prazo 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.
ANEXO
Obxecto de cada contratoOrzamento de cada contrato
IVE incluído
Contrato 1:
Accesos ós núcleos de Mota-
A Igrexa-Torneiros, O Folón-
A Ruela en Mosende e A Cantoña,
A Pousadela en Pontellas.17.590.521 pesetas.
Contrato 2:
Saneamento e abastecemento da
Ribeira, Lourambal-A Relva e
polígono I Torneiros. 16.309.944 pesetas.
Contrato 3:
Firme e acondicionamento CV.
O Sanguío-Lagoiña e Candieira-
termo municipal en Budiño e
San Paio-Abelenda en Pontellas.18.800.000 pesetas.
Contrato 4:
Abastecemento e saneamento de
Orbenlle-Orbenlle, Budiño.13.940.148 pesetas.
Contrato 5:
Acondicionamento de beirarrúas
na r/ Manuel Rodríguez-tramo
San Sebastián-A Pontenova.14.096.712 pesetas.
O Porriño, 3 de agosto de 2000.
José Manuel Barros González
Alcalde

