Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 21 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente, por instancia de José Pulpeiro Doval, a modificación por división do polígono urbanístico número 10 do PXOU dando lugar a un novo, denominado 10 B-3, dunha superficie de 6.210 m.

Durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de que non se presentase ningunha recla

mación ou alegación, o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 27 de xullo de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde