Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data 4 de maio de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo.
1. Aprobar inicialmente, por instancia de Comunidad de Bienes Aurita Calviño Fernández y Otros, representada por José Quintairos Gulín, o proxecto de urbanización da zona 13 B 1 do SU-10 do PXOU, de Ourense, coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no seu informe de data 15 de febrero de 2000 e da Concellería de Medio Ambiente no seu informe de data 30 de marzo de 2000 e do Servicio Eléctrico do 25 de marzo e logo de constitución de garantías polo importe de 39.700.000 ptas., trinta e nove millóns setecentas mil pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas edificacións.
De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,
sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.
Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 25 de maio de 2000.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde

