Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU para concreta-las determinacións de edificabilidade que conteñen as fichas das súas unidades de actuación con planeamento de desenvolvemento por Peris e a súa nova regulamentación.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 27 de maio pasado, acordou prestar aprobación definitiva ó documento denominado texto refundido e modificado da modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana con fin de concreta-las determinacións de edificabilidade que conteñen as fichas das súas unidades de actuación con planeamento de desenvolvemento por plans especiais de reforma interior e a súa nova regulamentación, documento de ordenación, formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Arquitectura e Urbanismo, en execución e nos termos das observacións contidas nos informes preceptivos e vinculantes a tal expediente pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, desestimando as alegacións ou reclamacións formuladas por José Márquez Souto-presidente da Xunta de Compensación da Unidade de Execución U.E. 14.1-A Parda-Pontevedra-, Rafael Córdoba Piñeiro e Vicente Riestra

Cuartero, durante a fase de información pública da presente modificación puntual do PXOU, xa que de conformidade cos informes emitidos polo Servicio Municipal de Xestión Urbanística, Dirección Xeral de Urbanismo da CPTOPV e Deputación Provincial, recollidos nos antecedentes de feito deste acto administrativo e que lle serven de motivación, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e motivacións xurídicas del, a presente modificación puntual do PXOU non vulnera disposicións ou determinacións da normativa de ordenación territorial ou urbanística en vigor nin do planeamento de ordenación integral deste termo municipal do que o contido pasará a formar parte integrante con idéntico alcance normativo de natureza regulamentaria, contendo as determinacións propias de tal categoría de instrumentos urbanísticos de ordenación por considera-lo concello que a conve

niencia do obxectivo descrito desa nova ordenación, mellorará e implementará a xestión urbanística das unidades de actuación que se vai desenvolver mediante plans especiais de reforma interior.

Así mesmo, dispúxose publicar este acordo na forma legalmente establecida con comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas con ofrecemento do réxime de recursos procedente, e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facéndose constar que o réxime urbanístico aplicable ás unidades de actuación que se vai desenvolver mediante Peris obxecto desta modificación, dada a súa clasificación en solo urbano non consolidado, será o 90 por 100 do aproveitamento medio resultante de cada polígono, calculada dividindo a edificabilidade total, incluída a dotación privada, pola superficie total do polígono, excluídos os terreos afectos a dotacións públicas existentes, permitíndose a regulamentación da súa ordenación polo instrumento de planeamento de desenvolvemento, consonte as disposicións da normativa urbanística e de ordenación territorial e artigo 229.bis da normativa do PXOU, nos termos da presente modificación puntual.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP número 122 do 27-6-2000 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no número 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderá interpor directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 7 de xullo de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral