O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria do día 21-7-2000, adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:
«1. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación do concello do Porriño en San Salvador de Budiño, redactado por Arteplan, S.A. en febreiro de 2000 e promovida por este concello, que ten por obxecto a clasificación como solo urbano consolidado de uso industrial de dous ámbitos de 495.192 m e 64.475 m, limítrofes ó leste e sur, respectivamente, do polígono industrial da Granxa, co condicionado seguinte:
a) Os propietarios dos terreos afectados pola modificación deberán completar pola súa conta a urbanización necesaria para que eles alcancen a condición de soar.
b) É necesario completa-la urbanización, considerándose adecuada a proposta da CPTOPV da obrigatoria redacción dun plan especial de infraestructuras, aceptado tamén polo arquitecto redactor e os técnicos municipais, tendo en conta o previsto no artigo 26 da Lei do solo de Galicia que, dada a amplitude do seu contido, tamén podería prever dotacións e equipamentos.
2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.
3. Suspende-lo procedemento do outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual.
Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o punto 2, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, a presentación de alegacións.
O Porriño, 27 de xullo de 2000.
O alcalde
Rubricado

