Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 7 de agosto de 2000, aprobou inicialmente o estudio

de detalle da parcela hoteleira do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, promovido por Metrovacesa, e a actuación polo sistema de compensación de propietario único.

A parcela obxecto do estudio ten unha superficie 9.437,55 m e estrema:

Norte: terreos do Pazo de Congresos e praza pública.

Sur: rúa de Fernando Casas Novoa.

Leste: avda. Torrente Ballester.

Oeste: parcela Hotel Puerta del Camino.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumplimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2000.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións