Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras do POL 2000.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, as seguintes obras:

1. PO-5105 Maceira-A Graña (Covelo) 20.000.000.

2. PO-4303 Mondariz-Meirol (Mondariz) 20.000.000.

3. PO-2303 Gondomar-Vilaza (Gondomar) 65.000.000.

4. PO-0401 Carballedo-Caroi (Cotobade) 36.500.000.

5. PO-9005 Corbillón-Deiro (Cambados) 24.000.000.

6. PO-1102 Meira-Fraga (Moaña) 2ª fase 40.000.000.

7. PO-7005 Aguións-Santeles (Estrada) 20.000.000.

8. PO-7206 Vilapouca-San Miguel-Devesa (Forcarei) 28.500.000.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría c, para las obras nº 1, 2 e 7; grupo G, subgrupo 4, categoría d, para as obras nº 3, 4, 5 e 8; grupo A, subgrupo 2, categoría d, para a obra nº 6.

Prazo de presentación de plicas: vintiseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 24 de agosto de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado