Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día 28 de agosto de 2000, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto, por concurso e por vía de urxencia, da obra denominada Camiño de Casares.

Así mesmo, o Pleno, na sesión da mesma data, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación da mencionada obra, o que se expón ó público polo prazo de 4 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para efectos de reclamacións.

Así mesmo, anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Pleno do Concello de Verea.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución da obra Camiño de Casares, (nº 55/2000 incluída no Plan Operativo Local) conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Durán Fuentes.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata ascende á cantidade de 10.000.000 de ptas, IVE e demais gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verea (Ourense) en horas de 9 a 14, excepto sábados.

b) Domicilio: Carballo-Verea.

c) Localidade: Verea, código postal 32813.

d) Teléfono: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.

e) Fax: 988 43 06 59.

f) Data límite de obtención de documentación e información; ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día inhábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Verea.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Verea.

b) Hora e data: 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise en sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil.

10. Criterios de adxudicación.

Serán os sinalados na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos de anuncios serán a cargo do adxudicatario.

Verea, 29 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado