Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.619

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 26 de xullo de 2000, da Dependencia de Recadación de Almería, de notificación de providencia de constrinximento (00.3.1.11.001).

Por medio deste edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación

se insire non puideron atoparse nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, fáiselles saber que:

Notifícaselles ó debedor, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que non sendo satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario, en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:

No uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, no caso de non producirse o ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento.

Almería, 11 de agosto de 2000.

José Luis Campos de Pro

Xefe da Dependencia de Recadación de Almería

en funcións

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Constr.

B04263737

Transportes Pelentin, S.L.

r/ Sor Francisca de Paula, 2 Vera

Sanción Exp.: 1998/OU-2752-O-98 P. Ter.C110000032001225360.00015-3-2000

Recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contado desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, perante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ambos recursos.

Motivos de impugnación:

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento:

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento:

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento:

Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegación/Administración da AEAT.

Xuros de demora:

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuros fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas:

No caso de producirse custas no procedemento, a Administración repercutirá o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso:

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado:

Así mesmo, cítase mediante o presente edicto o debedor ou o seu representante, conforme o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a este pola Lei 66/1997, de medidas fiscais, administrativas e de orde social (BOE 313, do 31 de decembro), no seu artigo 28, para seren notificados por comparecencia, no prazo de dez días, contados desde hoxe, comparecendo na dependencia de Recadación da AEAT en Almería, sita no Paseo de Almería, 62. Cando transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado.