Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-5/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 19 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para o alargamento da vía prolongación da travesía Fogar Calvo Sotelo, redactado de oficio polos técnicos municipais.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na avenida da Mariña, 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 1 de agosto de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo