Aprobada polo órgano municipal competente os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico administrativas, anúnciase o concurso público público urxente polo procedemento aberto que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican, exponse ó público durante o prazo de oitos días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello da Guarda.
b) Dependencia: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Luz na praia da area grande, baixada á praia, baixada ó cámping e rúa Secundino Melón (orzamento de execución 7.775.976 ptas.).
b) Abastecemento de auga potable ó barrio de Fontequente (orzamento da execución 4.200.000 ptas.).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base licitación.
Os sinalados no punto dous.
5. Garantías.
Provisional: 2 por 100 da base.
Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello da Guarda.
b) Domicilio: praza do Reló.
c) Localidade: A Guarda.
d) Teléfono: 986 61 00 00.
e) Fax: 986 61 02 83.
f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ó remate de presentación das ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.
8. Presentación das ofertas.
En man ou por correo (art. 100 del Regulamento de contratos do Estado) no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente edicto no DOG.
Documentación a presentar: a que figura no prego de condicións.
Lugar de presentación: Concello da Guarda, praza do Reló, 1
Prazo de obrigación de mantene-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.
9. Apertura de proposicións.
Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
A Guarda, 4 de agosto de 2000.
José Luis Alonso Riego
Alcalde

