Embarcadoiro nas Conchas-Lobeira, composto dun pantalán e un edificio de servicios anexo do contrato.
No BOP de Ourense, número 198, do martes 29 de agosto de 2000, publicouse o anuncio de aprobación do proxecto básico e de execución e do prego de cláusulas para a contratación da obra que se relaciona mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia e anuncio de licitación dela. As proposicións económicas axustaranse ó modelo que se establece no prego de cláusulas que lle será facilitado polo concello ós licitadores interesados. As ofertas e documentación presentaranse no rexistro xeral do concello en días e horas de oficina ata as 12 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Obra: embarcadoiro nas Conchas-Lobeira, composto dun pantalán e un edificio de servicios anexos
do contorno, cun orzamento de 26.856.828 pesetas (incluíndo no orzamento o beneficio industrial, os gastos xerais, os gastos fiscais, a dirección de obra e o IVE), financiando o Grupo de Acción Local ADIM (Plan europeo LEADER II) 18.556.828 pesetas; a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo 3.500.000 pesetas; a Consellería da Presidencia e Admón. Pública 400.000 pesetas: a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, 400.000 pesetas e a Deputación Provincial de Ourense 4.000.000 de pesetas.
Lobeira, 31 de agosto de 2000.
Emilio Higuero Cardoso
Alcalde-presidente

