A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 21 de xullo de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a execución das obras de construcción dun recinto para instalacións varias, escalinata e rampla de minusválidos; por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamentos bases de licitación.
Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 13.336.982 pesetas (80.156,876 euros). Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
5. Garantías.
Provisional: 266.740 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfono: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se precisa.
b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo (salón de plenos).
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións.
10. Outras informacións.
As que se recollen nos pregos de condicións e nos teléfonos indicados no punto 6-d.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 5 de xullo de 2000.
Visto e prace
José Clemente López Orozco
Alcalde
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria

