Mediante decreto do 27 de abril de 2000, a alcaldía-presidencia aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do Plan parcial do SAU 7 sector único, en Rans-Nigrán.
A citada resolución pon fin á vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer potestativamente
recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que a dictou, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso-administrativo ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución de competencias que se conten na Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses.
Nigrán, 4 de agosto de 2000.
José Manuel Rial Cadaval
Alcalde

