Por resolución da Alcaldía do 28 de agosto de 2000, préstaselle aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para a contratación das obras que se referencian. Exponse ó público por prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.
Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, de presentarse reclamacións ó prego.
1. Entidade adxudicadora: Concello da Rúa de Valdeorras, Velázquez, 2, 32350-A Rúa de Valdeorras (Ourense).
2. Obxecto do contrato: abastecemento e saneamento en Fontei, conforme o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños José Mª Sorribes Escribá, e aprobado polo Concello Pleno na súa sesión ordinaria do 19-6-2000.
Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: 12.499.522 ptas. (75.123,64 euros) IVE e demais tributos incluídos.
5. Garantías.
Provisional: 249.990 ptas. (1.502,47 euros).
Definitiva: 499.981 ptas. (3.004,95 euros).
6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello da Rúa de Valdeorras, Velázquez, 2, 32350 A Rúa de Valdeorras (Ourense). Teléfono: 988 31 01 16. Fax: 988 31 13 21.
7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de proposicións.
a) Prazo e lugar: no Concello da Rúa de Valdeorras, durante os 26 días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), de 9 a 14 horas, de luns a venres, e sábados de 9 a 13 horas, no rexistro xeral do concello.
b) Documentación que hai que presentar.
Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de abastecamento e saneamento en Fontei polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello da Rúa de Valdeorras.
Constarán de dous sobres A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula 16 do prego de condicións particulares, denominados:
Sobre A) Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.
Sobre B) Oferta económica e criterios diferentes ó do prezo ou alternativas ó obxecto do contrato.
9. Apertura de ofertas: ás doce horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de prazo de presentación de proposicións, condiderándose para este caso inhábil o sábado.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Rúa de Valdeorras, 28 de agosto de 2000.
José Antonio Míguez Freire
Alcalde

