Por medio deste edicto faise pública a seguinte licitación:
Entidade adxudicadora: Concello de Sarria (Lugo).
Obxecto do contrato: as obras correspondentes ó proxecto de reposición de saneamento e servicios básicos en avda. Becerreá e Río Sol.
Prazo de execución: cinco (5) meses.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
Orzamento base de licitación: 25.700.287 pesetas.
Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.
Obtención de documentación e información: Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria. Telf.: 982 53 50 00. Fax: 982 53 09 16.
Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d).
Presentación de ofertas: trece (13) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de plicas: terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincida en sábado). Hora: 13 horas.
Sarria, 8 de agosto de 2000.
O alcalde
Rubricado

