Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Faise público que por decreto desta alcaldía do 23 de agosto de 2000 se aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da zona C-01 do PXOM de Verín, presentado polos herdeiros de José Alonso Castro e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Manuel Durán Fuentes.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, comunicándose que durante o prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no DOG, o expediente se atopará ó dispor de calquera persoa interesada, na secretaría do concello, para os efectos de consulta e formulación de alegacións ou suxestións durante o dito prazo.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións