Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle da U.E. II-04 Santo André de Comesaña (expediente 5593/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e definicións de aliñacións e rasantes do ámbito delimitado no PXOU de Vigo como U.E. II-04 industrial Santo André de Comesaña (expediente 5593/411), sito entre a avda. de Ricardo Mella e o Camiño do

Caramuxo, aprobado definitivamente polo Concello-Pleno con data do 28 de decembro de 1996, conforme á documentación presentada pola comunidade de bens de Santo André de Comesaña, redactada polos arquitectos Eduardo e Arturo Fraga Fernández, con data de visado polo COAG do 22 de novembro de 1999, coa precisión de que a parcelación e asignación de edificabilidades que figura nela se considera meramente educativa, pendente de concreción no proxecto de compensación que para a execución do polígono se aprobe.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e á súa notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 24 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo