1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Vilaboa.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: saneamento nos barrios do Alcouce, Balteiro, Canaval, As Croas, A Boullosa, Saxosa, O Outeiro e Santa Marta.
b) Lugar de execución: barrios do Alcouce, Balteiro, Canaval, As Croas, Boullosa, Saxosa, O Outeiro e Santa Marta.
c) Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 10.791.089 ptas.
5. Garantías.
Provisional: 215.822 ptas.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Vilaboa.
b) Domicilio: Toural, 1.
c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.
d) Teléfono: 986 70 82 15.
e) Telefax: 986 70 83 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se require.
b) Outros requisitos: os establecidos no prego.
8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 12 do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral.
9. Apertura das ofertas.
O terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil, ás 12 horas).
10. Outras informacións.
a) Criterios de adxudicación do concurso:
1. Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na mellora das condicións funcionais, que resulten de utilidade para os usuarios dos servicios: de 0 a 20 puntos.
2. Mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto, ou noutras modificacións que representen un aumento da calidade final do proxecto executado: 0 a 15 puntos.
3. Proposta de reducción de prazos de execución: de 0 a 10 puntos.
4. Programa de control interno de calidade: de 0 a 5 puntos.
b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Vilaboa, 10 de agosto de 2000.
José Luis Poceiro Martínez
Tenente alcalde

