Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
contrata de execución esixida
Obra Orzamento
Prazo
Clasificación
Subgrupo 6)
Categoría d)
Subgrupo 6)
Categoría d)
21 POL 2000 Navia de Suarna. Renovación depósitos da rede de abstº auga a Meda e Murias 10.000.000 9 meses ----
27 POL 2000 Pedrafita. abstº auga en Pacios 10.000.000 6 meses ----
76 POL 2000 Carballedo. C.P. Chantada-Os Peares á Barrela-Os Peares, alargamento e mellora, terminación 64.663.977 9 meses Grupo G)
79 POL 2000 Cospieto. C.P. Feira do Monte-Rozas-Abadín alagamento e mellora, afirmado terminación 55.000.000 6 meses Grupo G)
82 POL 2000 Quiroga. Acceso ó parque empresarial de Quiroga, apertura e afirmado 10.000.000 4 meses ----
123 POS 2000 O Vicedo. Suegos A Falcoeira, alargamento e mellora 14.000.000 3 meses ----
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación Provincial de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: o que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Teléfono: 982 25 10 42.
e) Fax: 982 25 10 42.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.
1. Entidade: deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: deputación.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sabados.
c) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións: nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios: correrán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 1 de setembro de 2000.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

