Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de terceira relación de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/orzamento.

28 PB/Iluminación en Cenlle e camiño lavadoiro de Laias/Cenlle/5 meses/15.382.000.

45 PB/Sto. y abto. na capitalidade/Maside/3 meses/7.812.000.

64 PB/Iluminación pública San Amaro-Anllo-Cruceiro/San Amaro/4 meses/15.170.500.

37 POL/Abast. sto., pav. Rubiá e O Robledo da Lastra/Rubiá/3 meses/11.596.500.

43 POL/Abst. Solbeira e depuración en Seoane/Viana do Bolo/5 meses/11.195.000.

Ourense, 2 de setembro de 2000.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense