Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Astilleros Armón Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Astilleros Armón Vigo, S.A., con nº de código

3603311, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Reunidos Laudelino Alperi Baragaño, con DNI 10.582.403-B, en nome e representación de Astilleros Armón Vigo, S.A., e por outra parte Carlos Gómez Parente, con DNI 36.017.619-X, Julio López Comesaña, con DNI 35.989.113-R, J. Carlos García Lago, con DNI 36.085.140-A, Fernando Iglesias Serantes, con DNI 35.993.783-W e José E. Crispín Otero, con DNI 36.019.562-K, como representantes do comité dos traballadores de Astilleros Armón Vigo, S.A.,

Acórdase:

Realizar un anexo nº 1 ó acordo salarial de Armón Vigo, nos seguintes termos:

Disporase a partir da sinatura do acordo dun prazo de dous meses (2) laborables para regulariza-los axustes dos salarios do ano 2000 para o persoal afectado por este acordo.

En Vigo o trinta de xuño de 2000.

Astilleros Armón Vigo, S.A.

Asdo. Laudelino Alperi Baragaño.

Comité de traballadores.

Asdo. Carlos Gómez Parente.

Asdo. Julio López Comesaña.

Asdo. J. Carlos García Lago.

Asdo. Fernando Iglesias Serantes.

Asdo. José E. Crispín Otero.

Convenio colectivo entre a empresa

Astilleros Armón Vigo, S.A. e un comité

dos traballadores da citada empresa

Artigo 1º.-Ámbito de amplicación.

Este convenio regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais e económicas entre a dirección da empresa Astilleros Armón Vigo, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio seralle de aplicación a todo o persoal técnico, administrativo, obreiro e subalterno, que actualmente presta os seus servicios na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio terá unha duración de tres anos, desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2002; entenderase prorrogado por períodos anuais, sempre que non fose denunciado por calquera das partes.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio terá que ser formulada por escrito cunha antelación mínima de tres meses, respecto á data dos sucesivos vencementos, dándose traslado dela á outra parte a través do comité de empresa.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As condicións establecidas neste convenio forman un todo orgánico, por tanto, calquera disposición legal, convencional e obrigatoria que nun futuro se estableza tan só será de aplicación se no seu conxunto e en cómputo anual resulta superior ás condicións laborais aquí pactadas; en consecuencia serán absorbidos e compensados ata onde alcance.

Artigo 6º.-Xornada laboral e horario de traballo.

A xornada normal de traballo efectivo para todo o persoal, para os anos 2000, 2001 e 2002 será de 1.730 horas/ano e de acordo co seguinte horario:

a) Luns a venres: de 8 h a 13 h e de 14.30 h a 17.30 h.

b) Agás os meses de xullo e agosto, que será de 7 h a 15 h.

Os horarios de traballo ou outros calquera que no futuro poidan establecerse quedarán acollidos nos correspondentes cadros horarios que deberán estar expostos permanentemente á vista do persoal e para seren modificados será preceptivo o informe previo e por escrito do comité de empresa.

No ano 2002 a xornada será das 7 h ás 15 h efectivas, de traballo real (excluídos os 15 minutos de descanso).

A partir do 16-12-2002 a empresa analizará os resultados obtidos na xornada continuada e en función deles tomará a decisión da xornada que se vai realizar a partir do 1 de xaneiro de 2003.

Artigo 7º.-Revisión de categorías.

Revisaranse as categorías dentro dos tres primeiros meses de cada ano, a partir do ano 2001. Para iso formarase unha comisión composta por unha representación da empresa e o comité de empresa, para estudia-la revisión de categorías ou proposta dos mandos intermedios, sempre e cando se manteña un cadro de persoal compensado.

Artigo 8º.-Prima de producción.

Articúlase en 5000 ptas./mes como máximo, en catorce pagas para o persoal directo de producción (excluídos oficina administrativa, oficina técnica, mandos intermedios, operarios de guindastre, persoal de mantemento, almacén, etc.) en función do rendemento obtido na elaboración do seu traballo ou na súa asistencia e puntualidade nel.

Esta prima reducirase ou cancelarase da forma seguinte:

1. Reducción de 1000 ptas./mes por:

1.1. Tres faltas de puntualidade calquera que sexa o traballo ou

1.2. Dúas faltas de asistencia ó traballo inxustificadas.

2.

2.1. Cancelarase por catro ou máis faltas de puntualidade calquera no seu traballo.

2.2. Tres ou máis faltas inxustificadas no mes.

A adaptación deste sistema non presupón a non varianza, modificación ou substitución del, sendo facultativo da empresa facelo así.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, en xullo e agosto preferentemente.

Cando en período de desfrute de vacacións un traballador cause baixa por enfermidade ou accidente, estas serán interrompidas e continuarase con elas unha vez dado de alta.

O persoal que ó inicio da data pactada para as vacacións se atopase en situación de IT derivada dun accidente de traballo ou enfermidade común poderá desfrutar dun período de vacacións da mesma duración có pactado no convenio, dentro do ano natural e sempre antes do 30 de outubro do citado ano.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Logo de aviso ou solicitude, segundo proceda, dos traballadores afectados, concederanse licencias retribuídas polas circunstancias e tempo, consonte o Estatuto dos traballadores e tempo que a seguir se detalla:

Catro días naturais como máximo, en caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe, e o mesmo número de días naturais en caso de nacemento de fillos,

intervención cirúrxica e enfermidade grave de esposa ou internamento nun centro hospitalario.

Tres días naturais como máximo, en caso de falecemento de avós, netos, irmáns e pais políticos que convivan co traballador, así como intervención cirúrxica e enfermidade grave de pais, fillos e pais políticos que convivan co traballador, así como enfermidade grave de irmáns. Cando con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de catro días naturais.

Dous días naturais en caso de enfermidade ou intervención cirúrxica grave de avós e avós políticos, así como por falecemento, intervención cirúrxica ou enfermidade grave de pais políticos, irmáns políticos e fillos políticos. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de catro días.

Un día natural polo traslado do seu domicilio habitual.

Un día natural en caso de matrimonio de pais, fillos ou irmáns, así como en caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos.

Quince días naturais en caso de matrimonio ampliado ata vinte días naturais por petición do traballador e coa conformidade da empresa, persoa sen retribución os que excedan dos quince primeiros.

Cando existan varios membros dunha mesma familia, empregados desta empresa, e se dea o caso de intervención cirúrxica ou enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o desfrute dos días que corresponden en cada caso poderanse desfrutar dentro dun período de dez días naturais posteriores ó feito causante segundo as indicacións previas que eles formulen.

De lactación: unha hora de permiso retribuído ó comezo e finalización da xornada, durante os primeiros nove meses desde o nacemento. En caso de lactación artificial, este permiso poderá ser utilizado polo pai.

Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando, coincidindo o horario de traballo co da consulta, o facultativo de medicina xeral prescriba a devandita consulta; o traballador deberalle presentar previamente á empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, como asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social ou asistencia prestada pola medicina pública ou privada, ata o límite de 20 horas ó ano retribuídas, que deberán ser, así mesmo, xustificadas.

As visitas a especialistas particulares, cando se realizan con motivo de conseguir un embarazo con técnicas de fecundación asistida, terán a mesma consideración que se fosen a especialistas da Seguridade Social.

Para asistencia a consulta médica con fillos/as menores de doce anos: vinte horas ó ano. Se os fillos/as fosen diminuídos psicofisicamente: un día laborable para consulta de especialistas.

Para asistencia a exames: de acordo co Estatuto dos traballadores.

Para asistencia a congresos sindicais: de acordo co Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Permisos sen retribuír.

O traballador/ra con fillos menores de nove anos, familiares enfermos ata segundo grao de consanguinidade ou que cursen estudios académicos poderán obter unha reducción da súa xornada laboral diaria ou semanal, de ata un máximo do 50%, cun desconto salarial proporcional á reducción de xornada obtida.

En caso extraordinario, debidamente acreditado, poderanse conceder licencias polo tempo que sexa preciso sen percepción de haberes co desconto do tempo de licencia para efectos de antigüidade.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de roupa de traballo adecuada.

A empresa dotará a cada traballador de dúas fundas ou peza similar ó ano, entregando unha cada semestre.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, serán dotados da roupa que sexa necesario, segundo determinación do comité de saúde laboral.

Artigo 13º.-Recoñecementos médicos.

A empresa estará obrigada a lle realizar un recoñecemento médico anual como mínimo a todo o persoal. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 14º.-Saúde laboral.

O comité de saúde laboral determinará as medidas que hai que tomar nos postos susceptibles de traballos nocivos ou de evidente risco para a integridade física do traballador.

En tales casos, a empresa dotará o persoal dos elementos necesarios de seguridade, que serán fixados polo comité de seguridade e que deberán ser usados obrigatoriamente por tódolos traballadores afectados. Haberase que ater ó disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 15º.-Postos de traballo da muller embarazada.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen incrementa-lo risco de aborto ou malformación, a traballadora terá dereito a cambia-lo posto de traballo que non implique risco para a saúde de nai nin para o feto, tomando en consideración as posibilidades técnicas e organizativas da empresa. Igualmente, terá dereito a acumula-los períodos de

descanso pre e posparto que legalmente lle correspondan.

Artigo 16º.-Traslados de postos de traballo.

Cando as necesidades de organización ou producción o esixan, a dirección poderá ordena-los correspondentes traslados, logo de información ó comité de empresa.

A quen como consecuencia dunha diminución das súas aptitudes físicas ou calquera outra circunstancia por incapacidade perciba unha pensión, a empresa poderalle deducir do seu salario o importe do que perciba como renda de tal incapacidade.

Nos casos de traballo de categoría inferior, estes non poderán ser vexatorios nin prexudica-la formación profesional do traballador e por tal motivo, quen se considere afectado polas ditas circunstancias deberá poñelo en coñecemento do comité de empresa, que lle comunicará o seu dictame a esta para que resolva en consecuencia.

Nos demais casos, mesmo cando o traballador realice traballos de inferior categoría, este conservará o salario correspondente á súa categoría anterior.

Traslado fóra da provincia: segundo o Estatuto dos traballadores.

Condicións económicas

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para o ano 2000 establécese un aumento salarial do 3,2% sobre o establecido no ano 1999, para todo o persoal operativo nese momento e de acordo coa táboa salarial adxunta sen revisión salarial; para o ano 2001 acórdase o incremento do IPC previsto polo Goberno para ese ano+0,5%; e para o ano 2002, o IPC previsto polo Goberno para ese ano+0,75%, que será de aplicación sobre a táboa salarial establecida para o ano anterior exclusivamente para o persoal que se encontre de alta o día da data de sinatura deste convenio.

Para os anos 2001 e 2002 establécese unha cláusula de revisión salarial unha vez que se coñeza o IPC real do Goberno, de forma que o aumento salarial se incremente no IPC real+0,5% para o ano 2001, e para o ano 2002 será o IPC real+0,75%.

Este axuste positivo ou negativo realizarase nun só pagamento dentro dos catro meses posteriores a coñece-la información.

Este aumento salarial afectará os seguintes conceptos:

a) Táboa salarial (salario convenio día natural, complemento por asistencia ó traballo, complemento de incentivo, complemento de cumprimento e as pagas extras de verán e Nadal.

b) Horas extras.

c) Tóxico, penoso e perigoso.

d) Complemento persoal

e) Complemento de producción.

f) Axuda social.

Os demais conceptos non indicados neste punto permanecen igual cós pactados no acordo asinado para o ano 2000.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Para o persoal que está de alta no día de hoxe, o valor do quinquenio será de 75,87 pesetas/día para tódalas categorías e para o persoal de nova incorporación de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Incentivos.

Como compensación á prima de producción para o ano 2000 establécense os seguintes incentivos para os traballadores, sempre e cando desenvolvan a súa actividade de forma normal.

a) Unha cantidade fixa de 15.170 pesetas, que percibirán tódolos traballadores, que se perderá en 94,82 pesetas/horas de non presencia para o ano 2000.

b) A cantidade de 94,82 pesetas por cada hora extra para tódolos traballadores.

Artigo 20º.-Gratificacións extras.

As pagas extraordinarias de xullo e decembro aboaranse en contía de 30 días cada unha delas para todo o persoal, a razón do salario base convenio+antigüidade se a houbese, prima cumprimento, incentivo fixo e a prima de asistencia na medida individual obtida tamén por cada un dos traballadores nos últimos seis meses. (Excluídas as horas extras, complemento por obra feita).

Cando o traballador estea de baixa por incapacidade temporal, derivada esta de enfermidade común, non se lle practicará deducción das partes proporcionais destas gratificacións extraordinarias, polos períodos superiores a quince días de duración de cada unha destas baixas.

Cando o traballador estea de baixa por incapacidade temporal, derivada esta de accidente de traballo, non se lle practicará deducción ningunha de cada unha destas baixas.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructuras aquí recollidas ou que poidan pactarse notificaránselle mensualmente á autoridade conxuntamente por empresa e comité para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados de buques, botaduras e outros supostos similares.

Artigo 22º.-Xantares e ceas.

Consonte o Estatuto dos traballadores.

Artigo 23º.-Prima de asistencia.

Esta prima de asistencia queda fixada en 256,14 pesetas/día de traballo e será percibida en vacacións

e nas pagas extraordinarias de acordo co artigo 19 deste convenio.

Artigo 24º.-Prima de cumprimento.

Esta prima queda fixada en 3.867 pesetas/mes, que se perderán na contía de 773 pesetas cando se cometan dúas faltas tipificadas no Estatuto dos traballadores; así mesmo, perderase a contía de 1.993 pesetas no suposto de tres faltas e integramente con catro faltas, todo iso dentro do período de trinta días; estes importes actualizaranse cos aumentos do convenio.

Establécense tamén como faltas o abandono temporal do posto de traballo e a non presencia no devandito posto de traballo despois do toque de sirena para o inicio da xornada e abandono do mencionado posto de traballo antes do aviso para a súa terminación.

As expresadas 3.867 pesetas serán aboadas no período de vacacións e pagas extraordinarias, de non ter perdida a prima en ningún dos últimos seis meses. No suposto de incapacidade temporal, aboaranse na parte proporcional dos días traballados de cada mes.

Artigo 25º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Establécese un só suposto de 32,63 pesetas/hora para os seguintes traballos que serán aprobados polo mando correspondente:

-Unha vez construído o casco os traballos que se realicen no interior do buque, como en cámara de máquinas, adega, pique de proa, local do servo.

-Traballo en tempo real de soldadura normal / con galvanizado.

-Traballo en alturas superiores a catro metros correspondentes (agás os traballos en cuberta).

-Instalación de tubos Stay ou pesada en tanques e dobre fondo.

-Traballos en chafranar con arco/aire e esmerilar.

* Para os traballos no interior dos tanques, dobres fondos, coferdans e sentinas incrementarase o coeficiente en 1,4.

Artigo 26º.-Premios de xubilación.

A empresa premiará ós seus productores a partir do ano 2000, que no momento da súa xubilición pertenza ó seu cadro laboral co importe dun día salario convenio, máis a antigüidade se a houbese por cada ano de servicio na empresa. O cómputo destas anualidades finalizará cando o traballador cumpra 65 anos de idade. Tamén alcanzará este beneficio ós que tivesen que cesar na empresa por incapacidade absoluta. Cando o productor faleza antes da xubilación, outorgarase idéntico importe por cada ano de servicio ós seus habentes-dereito.

Artigo 27º.-Postos de nova creación.

Sempre que sexa necesario contratar persoal para efectos de formación laboral, daráselles absoluta prioridade ós fillos dos productores desta empresa que reúnan as condicións necesarias para iso e

segundo criterio da dirección; seralle comunicado ó comité de empresa.

Artigo 28º.-Axudas sociais.

Un. A tódolos traballadores desta empresa que teñan fillos en idade escolar (de 3 a 18 anos), que o acrediten mediante certificación escolar, a empresa concederalles 6.501 pesetas por cada un deles en concepto de bolsas, no mes de outubro. O límite de idade ampliarase ós 25 anos no caso de estudios universitarios ou profesionais.

Dous. A empresa contratará un seguro de vida colectivo para tódolos seus traballadores que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo ou enfermidade profesional, que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.500.000 pesetas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 2.000.000 de pesetas.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán dun número do horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións que se fixan consonte o Estatuto dos traballadores e normativa legal vixente.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local, sempre que sexa posible.

-Desconto en nómina da conta sindical, logo de petición expresa dos traballadores.

-Reunión dos locais da empresa e fóra de horas de traballo dos traballadores afiliados de acordo coa normativa vixente.

Todo iso sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

No aquí expresado haberase que ater ó disposto na lei vixente.

Artigo 30º.-Acumulación de crédito de horas sindicais.

Os membros de comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato poderán ceder un determinado número de horas mensuais retribuídas que lles correspondan legalmente a favor dun ou máis membros do comité, afiliados ó mesmo sindicato. Para iso os cedentes porano en coñecemento da dirección mediante autorización subscrita por eles anualmente.

Artigo 31º.-Partes asinantes do acordo.

Este acordo foi negociado e aprobado, en representación da parte social, por unha comisión delegada dos traballadores prevista en funcións, e, en representación da empresa, pola dirección.

Outras disposicións:

1. As partes, empresa e representantes dos traballadores, consideran necesario e comprométense

a adoptar cantas medidas sexan posibles e que conduzan a manter un clima de normalidade laboral tendente a mellora-la producción e a reduci-lo absentismo, especialmente axudando a controla-las ausencias por IT, a diminuí-la porcentaxe actual e a elimina-las causas que o poidan xerar.

2. En defecto de normas aplicables a este convenio e en todas aquelas materias non previstas nel, haberase que ater ó disposto no Estatuto dos traballadores e nas demais disposicións vixentes que sexan de aplicación a este convenio.

3. Os traballadores seguirán durante estes tres anos mantendo a situación de polivalencia para lles facer fronte ás necesidades de producción.

Vigo, trinta de xuño de 2000.

Astilleros Armón Vigo, S.A.

Asdo: Laudelino Alperi Baragaño

Comité de traballadores.

Asdo. Carlos Gómez Parente.

Asdo. Julio López Comesaña.

Asdo. J. Carlos García Lago.

Asdo. Fernando Iglesias Serantes.

Asdo. José E. Crispín Otero.

Táboa salarial ano 2000, Astilleros Armón Vigo, S.A.

Persoal técnicoMensualCompl. asistencia (ptas./día)Compl. Cumprim. (ptas./mes)Incentivo (ptas./mes)Hora extra

Enxeñeiro254.007256,143.86715.170

Encargado240.469256,143.86715.1701.462

Encargado verificador188.639256,143.86715.1701.462

Verificador encargado175.251256,143.86715.1701.462

Delineante de 2ª168.572256,143.86715.1701.849

Oficial de 1ª especial182.837256,143.86715.1701.783

Oficial de 2ª168.572256,143.86715.1701.792

Persoal obreiro diarioDiarioCompl. asistencia (ptas./día)Compl. Cumprim. (ptas./mes)Incentivo (ptas./mes)Hora extra

Oficial de 1ª4.972256,143.86715.1701.453

Oficial de 2ª4.867256,143.86715.1701.391

Oficial de 3ª4.763256,143.86715.1701.347

Especialista4.514248,463.74714.7001.174

Peón4.456248,463.74714.7001.154