A Concellería Delegada para a Área de Urbanismo, con data do 4 de xullo de 2000, dictou a seguinte resolución:
Primeiro.-Aprobar inicialmene o expediente complementario ó proxecto de expropiación forzosa redactado para a execución de obras na estrada de Eirís (expediente 12/1996).
Segundo.-Somete-lo citado expediente ó trámite de información pública, mediante a remisión de notificacións persoais a favor de quen apareza como interesado, para efectos de formula-las observacións e reclamacións que estimen pertinentes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O que se fai público para os efectos previstos no art. 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, de luns a venres, desde as 12 ata as 13.30 horas.
A Coruña, 11 de xullo de 2000.
P.D.
Salvador Fernández Moreda
Alcalde

