O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión do vintesete de xullo do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle para a reordenación de volumes e axustes de aliñacións nas parcelas 26A e 26B do Plan reformado do polígono de Esteiro.
De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 7 de agosto de 2000.
Xaime Bello Costa
Alcalde

