Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de xullo de 2000, aprobou definitivamente o expediente complementario da reparcelación aprobada o 22 de xullo de 1997 na unidade de actuación delimitada na confluencia da rúas Sánchez Freire e Conxo de Arriba, promovido pola entidade mercantil Vicente García Porto, S.L.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde