Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.052

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO (440/2000).

Tendo resultado infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario, a resolución dictada pola autoridade laboral competente, no expediente administrativo sancionador que máis abaixo se relaciona, procédese a efectua-la dita notificación, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e a exposición deste no taboleiro de anuncios do concello, do último domicilio coñecido do interesado, co fin de que produzca os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase de que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción, consta de manifesto e á disposición do interesado, na Sección de Relacións Laborais e Recursos desta oficina territorial de traballo, sita na Gran Vía de San Marcos, 27 (1ª planta), León.

Resolución sancionadora.

Nº expediente: 440/2000.

Nº acta: 1021/2000.

Empresa: Solados y Pavimentos del Norte, S.L.

Contía da sanción: 5.000 ptas.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o delegado territorial da xunta de Castela e León, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei do 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

E para que sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en León o vintetrés de agosto de dous mil.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León