Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.052

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso procedemento aberto:

Nº de expediente: 00341C.

Obxecto da contratación: servicio de auditoría financeira e informe de existencias do ente público CRTVG e as súas sociedades Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A. dos exercicios 2000 a 2002, ambos inclusive.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG en horario de 8 a 14 horas.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no Servicio Común de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán de conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente Económico-Administrativo