Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Ferreira denominado Salto de Frameán, situado en Guntín e Portomarín, provincia de Lugo e promovido por Unión de Energías, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación

dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Ferreira denominado Salto de Frameán.

2. Para os devanditos efectos informativos porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provinical da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concellos de Guntín e Portomarín.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental