De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas ou empresas que no anexo se mencionan, respecto das que as notificacións intentadas non se puideron practicar, ó seren devoltas polo servicio de correos, que con data do 24 de marzo e 25 de maio de 2000 o conselleiro de Medio Ambiente dictou as resolucións dos procedementos sancionadores sinalados no devandito anexo por infraccións administrativas da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos e da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.
Os interesados teñen á súa disposición o texto íntegro das citadas resolucións na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, sita na praza Luis Seoane, 15008 A Coruña, polo prazo de dous meses desde a publicación da presente resolución, co obxecto de que os interesados poidan comparecer para coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento.
Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderanse interpoñer recursos de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co disposto
nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2000.
Francisco J. Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: residuos nº 99/0191.
Denunciado: Ecinsa, S.A.
Último enderezo coñecido: estrada da Palma, km 2, 15500 Perlío-Fene (A Coruña).
Feitos denunciados: vertido incontrolado de betume no foxo da estrada.
Tipificación: artigo 34.3º.b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos; cualificación: grave.
Resolución: declaración de caducidade.
Expediente: residuos nº 98/0074.
Denunciado: José Rogelio Muíños Seoane.
Último enderezo coñecido: Ed. Garbín, s/n, 1º dta., Rutís-Vilaboa, 15189 Culleredo (A Coruña).
Feitos denunciados: depósito incontrolado de electrodomésticos.
Tipificación: artigo 37.2º.1) da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia; cualificación: grave.
Resolución: declaración de caducidade.
Expediente: residuos nº 98/0082.
Denunciado: Gerardo Rozado Vilariño.
Último enderezo coñecido: San Rosendo, 8-1º, 15007 A Coruña.
Feitos denunciados: vertedoiro clandestino no lugar do Bosque, A Grela.
Tipificación: artigo 34.3º.b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos; cualificación: grave.
Resolución: declaración de caducidade.

