Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 21 de agosto de 2000 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública varios predios do monte Corda, número 32-B, pertencente ó concello de Curtis (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto na sentencia do xuízo de menor contía nº 723/1979,

promovido por Ángel Ansede García, en acatamento da devandita sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, o 14 de marzo de 1986, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ser firme a sentencia dic

tada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña do 14 de marzo de 1986, os predios que se relacionan a continuación que formaban parte do monte Corda nº 32-B do CUP pertencente ó concello de Curtis (A Coruña).

Predio nº 1: denominado Chousa das Calzadas dunha extensión de 3 ha, 48 a e 80 ca. Circundado polos piquetes 10a ó 10v, cos seguintes límites:

-Do piquete 10t ó 10b limita co camiño de Foxado a Abeledo.

-Do piquete 10b ó 10k limita con predios particulares.

-Do piquete 10m ó 10t limita con predios particulares.

-O resto do perímetro limita co monte Corda.

Predio nº 2: formado por un conxunto de pequenos predios chamados Monte Braña do Raposo de 1 ha 62 a; Chousa da Corda de 2 ha 89 a 52 ca; Monte do Cruceiro de 22 a e 50 ca; Carrilleiras ou Rego das Cabras de 53 a e 60 ca; Abaixo da Carretera de 10 a e Chousa do Raposo da Carretera de 40 a. Circundado polos piquetes 5a ó 5m, cos seguintes límites:

-Do piquete 5a ó 5b e do 5y ó 5h limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

-O resto do perímetro limita co monte Corda.

Predio nº 3: denominado Monte da Poza Moura, arriba da Chousa da Carretera, dunha extensión de 1 ha e 50 a. Circundado polos piquetes 6a ó 6d cos seguintes límites:

-Do piquete 6a ó 6b limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

-O resto do perímetro limita co monte Corda.

Predio nº 4: formado por un conxunto de pequenos predios dunha extensión de 1 ha e 78 a. Circundado polos piquetes 7a ó 7d cos seguintes límites:

-Do 7a ó 7b coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

-O resto do perímetro limita co monte Corda.

Predio nº 5: denominado Outra do Camiño Real dunha extensión de 69 a e 68 ca. Circundado polos piquetes 8a ó 8e cos seguintes límites:

-Do piquete 8a ó 8b limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

-Do piquete 8b ó 8c limita co monte Corda.

-Do piquete 8e ó 8a limita co predio nº 6.

Predio nº 6: denominado Outra de Abaixo da Carretera, cunha extensión de 1 ha, 99 a e 32 ca. Circundado polos piquetes 9a ó 9d, cos seguintes límites:

-Do piquete 9a ó 9b limita co predio nº 5.

-Do piquete 9b ó 9d limita co monte Corda.

-Do piquete 9d ó 9a limita coa estrada de Teixeiro a Sobrado dos Monxes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela poderase interpor recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpor directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente