Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 24 de agosto de 2000 de notificación de resolución de expediente sancionador.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia foi dictada resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, xa citada, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2000.

Isabel Vila Barbosa

Xefa da Área de Xestión do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

* Expediente: DH.D15.11710.

* Persoa interesada: Antonio Fabeiro Mosquera.

* Domicilio que consta no expediente: r/ Montero Ríos, 28-1º, Santiago de Compostela.

* Preceptos infrinxidos: artigo 315.c) do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH).

* Sanción imposta: prescrición da infracción.

Concédeselle ó interesado un prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte da publicación, para que repoña as cousas ó seu estado primitivo, de acordo co artigo 323 do RDPH. Advertíndoo da posibilidade de proceder á aplicación de multas coercitivas nos termos previstos nos artigos 111 da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas e 324 do RDPH, en relación co artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O cumprimento desta orde quedará condicionado ó que se acorde no expediente de legalización que se tramita coa clave: DH.W15.10845.