Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do tramo da rúa Panamá pola Comisión de Goberno de data 3-8-2000, deste Concello do Carballiño, de acordo co artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no DOG, podendo ser examinado o expediente nas dependencias da Área de Obras e Urbanismo da Casa do Concello do Carballiño, sito na praza Maior, 1 segundo andar, en horario de 8 a 14 horas, de luns a venres. Durante o dito prazo poderán presentarse as reclamacións que se estimen pertinentes.

O Carballiño, 17 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado