Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO.

Con data do 28 de agosto de 2000 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de abastecemento e saneamento Prado-Gueral, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para a adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 10.200.000 ptas.

Fianza definitiva: 408.000 ptas.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do 1º día hábil (agás sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11. Fax: 988 49 11.20.

Cartelle, 28 de agosto de 2000.

Jaime Sousa Seara

Alcalde