A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de agosto de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente a delimitación dos seguintes polígonos del ARE-H2.01; POL-APE-H2.01 e POL-H3.01, promovido pola Comisión Xestora do APE-H2.01, se ben deberán emendarse as deficiencias subliñadas no informe que antecede.
2. Publica-lo acordo na forma legalmente prevista.
O que se fai públio para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.
Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.
A Coruña, 24 de agosto de 2000.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

